
A Asociación de Familias Monomarentais de Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro decidida a facer cousas que contribúan a que, dunha vez por todas, se recoñeza o noso modelo de familia e se nos trate con equidade.
FAGAMOS está aberta a todo tipo de familias monoparentais, tanto as que se conformaron así por decisión propia como nas que en orixe non o eran e por algunha circunstancia atópanse en situación de monoparentalidade.
Se es nai ou pai e estás criando sen compartir esa responsabilidade, aquí atoparás información, apoio e a moitas familias máis como a túa. ¡Adiante, pasa!
SOMOS O MODELO DE FAMILIA QUE MÁIS MEDRA
Noticias e actualidade
