You are here: Home / Actividades / Facemos Corresponsabilidade 2023

FACEMOS CORRESPONSABILIDADE 2023

“Facemos Corresponsabilidade 2023” é un proxecto que busca favorecer a conciliación das familias con nenas, nenos e adolescentes dende un enfoque de igualdade entre mulleres e homes, e sensibilizar na corresponsabilidade e na diversidade familiar.

Está dirixido prioritariamente ás familias monoparentais, vítimas de violencia de xénero e outras formas de violencia contra a muller, mulleres en situación de risco de desemprego de longa duración, mulleres maiores de 45 anos ou unidades familiares nas que existan outras cargas relacionadas cos coidados.

Trátase dun conxunto de actividades lúdicas e/ou educativas de lecer e tempo libre, sen coste para as familias, que se desenvolven en horarios non escolares ou épocas non lectivas.

“Facemos Corresponsabilidade 2023” é un proxecto desenvolto no marco do Plan Corresponsables, coa financiación do Ministerio de Igualdade e a través da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.