Trátase dunhas xornadas itinerantes por 10 localidades galegas, empregando a cultura urbana como ferramenta para traballar diferentes temáticas de interese social (a diversidade familiar, a igualdade, a corresponsabilidade, a vulnerabilidade…) a través de obradoiros, facendo actividades colaborativas de parkour, cap paint, rap e graffiti.
Estas actividades van dirixidas a nenos e nenas de 8 a 16 anos. Nelas fomentarase a expresividade de ideas e inquedanzas a través da creatividade.
O parkour é unha disciplina que consiste en desprazarse dun punto a outro da maneira máis fluida posible, usando as habilidades co corpo humano. Para isto, é necesario sortear os diferentes obstáculos que se presentan no percorrido, e nesta disciplina utilízanse os elementos arquitectónicos das cidades para levar a cabo esta práctica.
O cap paint trátase de deseñar unha gorra pintando nela, por exemplo, o noso nome, empregando letras estilo graffiti pero sempre respetando o estilo propio de cada participante na actividade. Isto fomenta a creatividade e a capacidade de transformar os pensamentos en algo tanxible e visual.
O rap é unha actividade na que aprender a escribir e interpretar versos, e tamén se coñecerán as figuras literarias propias da nosa terra. Outra maneira xenial de fomentar a expresividade e a creatividade.
O graffiti é dende a súa orixe un xeito de plasmar ideas, inquietudes e preocupacións da sociedade a través da pintura mural.
IMPORTANTE
-
Qué está incluido
A concesión da praza inclúe a sesión que se celebra en cada localidade e o equipamento e material necesario para o desenvolvemento das actividades, sen coste algún para as familias.
-
Criterios de adxudicación de prazas
As prazas adxudicaranse seguindo este orde de prioridade, ata cubrir o cupo dispoñible:
1º Familias monoparentais galegas asociadas a FAGAMOS. Como asociarte.
2º Familias monoparentais galegas asociadas a outras entidades de familias monoparentais.
3º Familias monoparentais galegas non asociadas.
4º Familias con mulleres vítimas de violencia de xénero e outras formas de violencia contra a muller, mulleres en situación de risco de desemprego de longa duración, mulleres maiores de 45 anos ou unidades familiares nas que existan outras cargas relacionadas cos coidados.
5º Resto de familias
As familias monoparentais galegas deberán aportar o certificado oficial da Xunta de Galicia. O resto de familias con prioridade de acceso deberán acreditar documentalmente as circunstancias que lles apliquen en cada caso.
Dentro de cada grupo de prioridade, adxudicaranse as prazas por orde de solicitude. As nenas e nenos que queden fora do cupo, pasarán a unha lista de espera.
-
Confirmación da praza
Enviarémosche unha mensaxe confirmando se tedes ou non praza dispoñible.
A mensaxe poderás recibila directamente ao enviar o formulari de inscrición, ou ben por correo electrónico. Neste último caso, terá como remitente a plataforma de xestión Cucunver. Se non o recibiras, revisa a túa bandexa de correo non desexado por si che entrara como spam.
LOCALIDADES E HORARIOS
Preme na lapela da localidade que che interese para ver as datas dos obradoiros, horarios e resto de información importante. Cada localidade ten o seu propio formulario de solicitude.