Obradoiros gratuitos de temática científico-tecnolóxica para nenas e nenos sobre temática S.T.E.A.M. (ciencias, tecnoloxía, enxeñaría, arte e matemáticas). Abarcaranse disciplinas coma a robótica educativa, a programación, o deseño en 2D e 3D, a impresión 3D, a electrónica, a realidade virtual, drones, cienciaetc.
Celebraranse entre setembro e novembro de 2023 en A Coruña, Bertamiráns (Ames), Noia, Ribeira, Santiago de Compostela, Ourense, Vigo e Vilagarcía de Arousa. Ao pé desta páxina atoparás información sobre os días e horarios dos obradoiros en cada localidade e o formulario de solicitude de praza.
Estes talleres despertarán e fomentarán a creatividade dos rapaces e rapazas de forma lúdica, e contribúen a reducir a fenda dixital, a desenvolver o pensamento crítico, á resolución de problemas de forma creativa, e a promover a autonomía no desenvolvemento de proxectos e ideas.
As persoas que imparten as distintas materias son profesionais que buscan potenciar as súas cualidades e capacidades, para que se apaixonen pola Ciencia aplicada dun xeito que comprendan dende edades temperás.
Ademáis, nas actividades empregaranse contidos encamiñados a fomentar nas nenas, nenos e adolescentes a sensibilización en materia de igualdade, corresponsabilidade e diversidade familiar.

IMPORTANTE

-
Que está incluido
A concesión da praza inclúe o ciclo completo de sesións que se celebran en cada localidade e o equipamento e material necesario para o desenvolvemento das actividades, sen coste algún para as familias.
-
Criterios de adxudicación de prazas
As prazas adxudicaranse seguindo este orde de prioridade, ata cubrir o cupo dispoñible:
1º Familias monoparentais galegas asociadas a FAGAMOS. Como asociarte.
2º Familias monoparentais galegas asociadas a outras entidades de familias monoparentais.
3º Familias monoparentais galegas non asociadas.
4º Familias con mulleres vítimas de violencia de xénero e outras formas de violencia contra a muller, mulleres en situación de risco de desemprego de longa duración, mulleres maiores de 45 anos ou unidades familiares nas que existan outras cargas relacionadas cos coidados.
5º Resto de familias
As familias monoparentais galegas deberán aportar o certificado oficial da Xunta de Galicia. O resto de familias con prioridade de acceso deberán acreditar documentalmente as circunstancias que lles apliquen en cada caso.
Dentro de cada grupo de prioridade, adxudicaranse as prazas por orde de solicitude. As nenas e nenos que queden fora do cupo, pasarán a unha lista de espera.
A aceptación da praza compromete á asistencia e aproveitamento das mesmas. En caso de incumprimento a praza será cedida a outro neno ou nena que estea en lista de espera.
As prazas que queden vacantes por renuncias posteriores á súa adxudicación, ofertaranse ás personas solicitantes en lista de espera, seguindo o mesmo orde de prioridade.
-
Confirmación da praza
Enviaremosche un mail confirmando se tedes ou non praza dispoñible. Revisa a túa bandexa de correo non desexado por si che entrara como spam. A mensaxe terá como remitente a conta asociacion@fagamos.com, ou a plataforma de xestión Cucunver.
En caso de que haxa praza, deberás confirmar a FAGAMOS a súa aceptación, seguindo as indicacións recibidas no correo. As prazas non confirmadas en tempo e forma serán adxudicadas a outra persoa.
LOCALIDADES E HORARIOS

Preme na lapela da localidade que che interese para ver as datas dos obradoiros, horarios e resto de información importante. Cada localidade ten o seu propio formulario de solicitude.
FEDELLANDO COAS S.T.E.A.M. A CORUÑA
- Dirixido a: nenas e nenos de 4 a 12 anos
- Prazo de solicitude: Ata esgotar prazas
- Onde: Avda. de Novo Mesoiro, 23 – A Coruña
- Datas: Sábados dende o 30 de setembro ata o 25 de novembro de 2023
- Horarios: 10:30 a 12:00 – 12:30 a 14:00 – 16:00 a 17:30 – 18:00 a 19:30
- Imparte:

OBRADOIRO ESPECIAL “PÓCEMAS DE SAMAÍN”
FEDELLANDO COAS S.T.E.A.M. BERTAMIRÁNS (AMES)
- Dirixido a: nenas e nenos de 6 a 16 anos
- Prazo de solicitude: Aberto ata cubrir as prazas dispoñibles. TODOS OS GRUPOS COMPLETOS EXCEPTO:_____ xoves 17:30-19:00 (8 e 9 anos) _____ venres 19:00-20:30 (10 a 12 anos)
- Onde: Rúa Rueiro, 4
- Cando: Durante os meses de outubro e novembro de 2023, un obradoiro de hora e media cada semana, polas tardes.
- Imparte:
- Días e horarios:

FEDELLANDO COAS S.T.E.A.M. NOIA
- Dirixido a: nenas e nenos de 6 a 14 anos
- Prazo de solicitude: Aberto ata cubrir as prazas dispoñibles. TODOS OS GRUPOS COMPLETOS EXCEPTO: _____ Luns 16:00-17:30 (10-12 anos) _____Venres 17.30-19:00 (10-12 anos) _____ Venres 19:00-20:30 (10-12 anos)
- Onde: Rúa de Galicia, 21
- Cando: Durante os meses de outubro e novembro de 2023, un obradoiro de hora e media cada semana, polas tardes
- Imparte:
- Días e horarios:

FEDELLANDO COAS S.T.E.A.M. RIBEIRA (A CORUÑA)
- Dirixido a: nenas e nenos de 6 a 16 anos
- Prazo de solicitude: Ata esgotar prazas. GRUPOS CON PRAZAS LIBRES: luns de 16.00 a 17.30 h (8 e 9 anos)___luns de 19.00 a 20.30 h (6 e 7 anos)______mércores 16.00 a 17.30 (10 a 12 anos)___mércores de 17.30 a 19.00 (15 e 16 anos)___mércores 19.00 a 20.30 (10 a 12 anos)___ de xoves 16.00 a 17.30 (13 e 14 anos).
- Onde: Rúa Carlos Casares, 2
- Cando: Durante os meses de outubro e novembro de 2023, un obradoiro de hora e media cada semana, polas tardes.
- Imparte:
- Días e horarios:

FEDELLANDO COAS S.T.E.A.M. SANTIAGO DE COMPOSTELA
- Dirixido a: nenas e nenos de 6 a 16 anos
- Prazo de solicitude: Ata esgotar prazas. TODOS OS GRUPOS COMPLETOS EXCEPTO: luns 19.00 a 20.30 h (6 e 7 anos)___martes 17.30 a 19.00h (8 e 9 anos)___ xoves 16.00 a 17.30 (15 a 16 anos).
- Onde: Rúa de Santa Marta de Arriba, 8
- Cando: Durante os meses de outubro e novembro de 2023, un obradoiro de hora e media cada semana, polas tardes.
- Imparte:
- Días e horarios:

FEDELLANDO COAS S.T.E.A.M. VILAGARCÍA DE AROUSA
- Dirixido a: nenas e nenos de 6 a 16 anos
- Prazo de solicitude: Ata cubrir prazas dispoñibles
- Onde: Praza da Estación, 1
- Datas: Tódolos venres dende o 8 de setembro ata o 24 de novembro de 2023
- Horario: 16:00 a 18:00 h
- Imparte:

FEDELLANDO COAS S.T.E.A.M. VIGO
- Dirixido a: nenas e nenos de 4 a 16 anos
- Prazo de solicitude: Ata cubrir prazas dispoñibles
- Onde: Rúa Zamora, 88, 36211 Vigo, Pontevedra
- Datas: Tódolos sábados de novembro de 2023
- Horario: un obradoiro de 10:30 a 12:00 (turno de 12:30 a 14:00 completo)
- Imparte:
PRAZAS ESGOTADAS
“Fedellando nas Steam” é unha actividade desenvolta na actuación “Currunchiños de Conciliación” do proxecto “Facemos Corresponsabilidade 2023” no marco do Plan Corresponsables, coa financiación do Ministerio de Igualdade e a través da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.


