You are here: Home / Actividades / Proxecto Garantía Muller 2023

Monomarentalidade e violencia de xénero

As familias monoparentais non somos un grupo homoxéneo e  dentro deste concepto  existen situacións familiares, financeiras e sociais de moi diversa índole. A viuvez, o embarazo non desexado, o abandono familiar, a separación, o divorcio, unha situación de violencia de xénero, o internamento da parella, un proxecto migratorio, a libre elección… son todos eles elementos e experiencias que delinean a realidade tan complexa das familias monoparentais ou que se atopan en situación de monoparentalidade.
Determinadas situacións de monomarentalidade, como as sobrevidas como consecuencia da violencia de xénero  requiren de  un especial acompañamento, así como programas específicos de apoio para que esas mulleres poidan seguir  desempeñando o seu papel de nais do mellor xeito posible para elas e para os seus fillos e fillas. E no labor de toda a sociedade, está o deber de acadar que estas situacións sobrevidas e as súas consecuencias sexan cada vez menores e desaparezan definitivamente.

  22 de xuño en Santiago de Compostela  

Descarga aquí o programa da Xornada

XORNADA “GARANTÍA MULLER” EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

22 de xuño de 2023 – Escola de Administración Pública, aula 5 (Rúa Madrid, nº2)

20.06.23 | AVISO: POR MOR DOS CAMBIOS POLÍTICOS DOS ÚLTIMOS DÍAS O PROGRAMA DA XORNADA  MODIFICOUSE. A inauguración do acto non contará coa presenza de Susana López Abella e Mercedes Rosón Ferreiro. Participará  Goretti Sanmartín Rei, nova alcaldesa de Santiago de Compostela.