
Grazas polo teu interese en unirte á
Asociación de Familias Monomarentais de Galicia FAGAMOS
FAGAMOS é unha entidade sen ánimo de lucro inscrita no Rexistro Central de Asociacións da Comunidade Autónoma de Galicia co número 2021/024679-1º e no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servicios Sociais (RUEPPS). Formamos parte da Federación de Asociaciones de Madres Solteras (FAMS) e da Rede Estatal de Entidades Familiares Monoparentais (REEFM) .
A nosa entidade naceu en marzo de 2021 coa finalidade de apoiar e representar ás familias galegas nas que a responsabilidade da crianza recae enteiramente nunha soa persoa, e reclamar equidade e visibilización do noso modelo de familia ante a sociedade e ante as institucións e transformalas.
FAGAMOS é o acrónimo de Familias Galegas Monomarentais e reflicte a nosa firme intención de poñernos mans a traballar para contribuír activamente á creación dunha nova realidade para as nosas familias. Acollemos todo tipo de familias monoparentais galegas calquera que sexa a súa orixe, é dicir, se o son formada así por decisión propia coma se houbese outras circunstancias que a levaron á situación de monoparentalidade, e independentemente do sexo da persoa sobre a que recaia toda a responsabilidade parental. Para asociarte só tes que identificarte cos nosos obxectivos, teñas ou non unha familia monoparental.
FAGAMOS admite como asociada a calquera persoa que comparta os fins establecidos no noso Estatutos , e os acepte.
Se te identificas cos nosos obxectivos e queres unirte FAGAMOS, os pasos que debes dar son:
Abonar a cota anual de 30 €
Fai unha transferencia á conta de FAGAMOS: IBAN ES41 2100 2820 3502 0033 5851 (La Caixa), poñendo como destinatario: ASOC DE FAMILIAS MONOMARENTAIS DE GALICIA (se escribes o nome da asociación doutro xeito podes facer igualmente a transferencia, pero vaiche saír unha mensaxe de aviso que di que o destinatario parece non coincidir co titular da conta).
Lembra indicar o teu nome completo ao realizar o ingreso, para poder identificalo.
No formulario de solicitude do alta podrás escoller o método de pago para vindeiros anos e tamén indicar se, adicionalmente, queres achegar unha cantidade maior e se prefires que emitamos o recibo nunha soa vez, ou fraccionado en dous pagos.
Cubrir o formulario de solicitude
No propio formulario deberás achegar o comprobante do aboamento.
Unha vez enviado o formulario verás unha mensaxe de confirmación de que foi grabado correctamente e recibirás un correo electrónico. É importante que nos inclúas nos teus correos electrónicos desexados, para evitar que as mensaxes que che enviamos entren na bandexa de spam e non sexan vistas.
Enviarémosche un correo electrónico confirmando a túa inscrición e o teu número de socia.
Estamos moi contentas de que te animes a participar activamente e de que podamos contar contigo para seguir medrando, eres moi importante para axudarnos a crear rede e contribuír a conseguir a equidade e o recoñecemento que merecen as nosas familias. Grazas por querer formar parte de FAGAMOS !
