Axuda de 200 euros

Que é a axuda de 200 euros?

É unha axuda que consiste nun pago único de 200 euros, para as persoas físicas de baixo nivel de ingresos e patrimonio, que sexan asalariados, autónomos ou desempregados.

Quen pode pedir esta axuda?

Poden pedir esta axuda aquelas persoas que, ao 27 de xuño de 2022:

  • Teñan residencia legal e efectiva en España e tivérana de forma continuada e ininterrompida durante o ano inmediato anterior.
  • Realicen unha actividade por conta propia ou allea pola cal estean dados de alta no réxime correspondente da Seguridade Social ou mutualidade, ou
  • Estean rexistrados como desempregados na oficina de emprego, estean a cobrar ou non a prestación ou subsidio por desemprego.
  • As rendas obtidas en 2021, incluídas as que perciban os conviventes, sexan inferiores a 14.000 euros e o patrimonio, descontando a vivenda habitual, non supere os 43.196,40 euros.

Os ingresos e o patrimonio determinaranse considerando os ingresos e o patrimonio de todas as persoas que residan co beneficiario nun mesmo domicilio a data 1 de xaneiro de 2022 e estean unidos entre si:

  • como cónxuxe ou parella con polo menos dous anos de antelación
  • por relación de parentesco ata o terceiro grao, incluídos os afíns (exemplos: fillos, irmáns, avós, tíos, nora, netos…),
  • así como quen conviva con calquera dos anteriores en virtude de garda con fins de adopción ou acollemento familiar permanente.

Cómo solicitar a axuda de 200 euros?

A axuda solicitarase a través do formulario electrónico dispoñible na Sede electrónica da Axencia Estatal de Administración Tributaria.

Para a presentación da solicitude é necesario dispoñer de Cl@ve ou certificado electrónico (incluído DNI-e).

Para a solicitude destas axudas débese consignar:

  • o NIF do solicitante e das persoas que convivan no mesmo domicilio e
  • unha conta bancaria titularidade do solicitante na que desexa que se realice o abono da axuda.

Non é obrigatorio consignar o NIF de menores de 14 anos que non dispoñan do mesmo.

Como se paga a axuda?

A axuda abonarase mediante transferencia bancaria.