Axudas á conciliación da vida familiar e laboral por redución da xornada de traballo

Convocatoria das axudas á conciliación da vida familiar e laboral para as persoas traballadoras e as familias monoparentais que, entre o 1 de xullo de 2021 e o 31 de xullo de 2022, ambos os dous inclusive, teñan unha situación de redución da súa xornada de traballo para o coidado de fillos e fillas.

Quen a pode solicitar?

Poderán ser beneficiarias as persoas físicas que se acollan á medida de redución de xornada para o coidado dun fillo ou filla.  Deberá facelo no período comprendido entre o 1 de xullo de 2021 e o 31 de xullo de 2022, ambos os dous inclusive.  O fillo ou filla deberá ser menor de tres anos, ou menor de 12 anos no suposto de que padeza unha discapacidade recoñecida de porcentaxe igual ou superior ao 33%.

  • No caso de unidades familiares non monoparentais, co obxectivo de fomentar a corresponsabilidade, poderán ser beneficiarios os homes que se acollan á redución de xornada laboral para o coidado de fillas e fillos.  Deberán ser traballadores por conta allea.
  • No caso de unidades familiares monoparentais, poderá ser beneficiaria a persoa, home ou muller, que se acolla á redución de xornada laboral para o coidado de fillas e fillos. Deberá ser persoa traballadora por conta allea.

Accións subvencionables

  • A redución da xornada de traballo para o coidado dunha filla ou dun fillo. A/o menor deberá ser menor de tres anos, ou menor de 12 anos no suposto de que padeza unha discapacidade recoñecida de porcentaxe igual ou superior ao 33%. A redución de xornada terá que ser de polo menos o 12,5 % da xornada.
      • As persoas traballadoras que, cumprindo os requisitos establecidos neste artigo, adopten unha persoa menor ou a teñan en situación de acollemento familiar (nas modalidades de acollemento familiar permanente ou acollemento familiar preadoptivo). Nestes supostos, para ter dereito á axuda non poderán ter transcorrido tres anos desde a data da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou da resolución xudicial pola cal se constitúe a adopción. En calquera caso, a filla ou fillo por quen se solicita a axuda terá que ser menor de 12 anos.
  • O período máximo subvencionable, continuado ou fraccionado, será de oito (8) meses comprendidos entre o 1 de xullo de 2021 e o 31 de xullo de 2022, ambos os dous inclusive. Para determinar o período subvencionable, terase en conta o seguinte:
      • Serán acumulables todos os períodos traballados con redución de xornada nos que se cumpran os requisitos.  Sempre que sexan entre o 1 de xullo de 2021 e o 31 de xullo de 2022, ambos os dous inclusive.  O límite máximo é de oito (8) meses.

Prazo de presentación

O prazo está aberto desde 27/08/2022 hasta 26/09/2022

Monto da axuda

O monto da axuda vai desde 1.700 euros ata 3.700 euros.