Qué son as Axudas Sociais Urxentes (AUXS)?
As Axudas Sociais Urxentes (AUXS) son unha liña de apoios dirixida aos consumidores vulnerables severos en risco de exclusión social.
En concreto, os destinatarios son:
- Persoas residentes en Galicia
- Titulares dun servizo de subministración eléctrica
- Que sexan consumidores vulnerables severos (por tanto beneficiarios do bono social estatal cun 40% de desconto), e
- Estean en risco de exclusión social.
Os apoios, que se outorgarán por concorrencia non competitiva a todos cantos cumpran os requisitos, serán dun 50% da factura eléctrica correspondente á vivenda habitual do solicitante. Os apoios terán unha contía máxima anual de 300 ou 450 euros -no caso de familias numerosas -.
As familias con máis dificultades que se beneficien deste programa de apoios terán garantido o acceso continuado á subministración nos fogares. Con isto, dase resposta a unha necesidade básica dos cidadáns, pois non se lles poderá cortar o servizo mentres sexan beneficiarios desta axuda.