Qué é o Bono de Vivenda?
Este programa do Bono de Vivenda ten por obxecto subvencionar a renda mensual do alugueiro para unidades de convivencia con recursos económicos limitados. O importe máximo desta axuda, con carácter xeral, non excede do 50% da renda máxima correspondente á zona territorial onde estea situada a vivenda obxecto do contrato de arrendamento.
Para quén é o Bono de Vivenda?
As subvencións do Programa do bono de alugueiro social están destinadas a atender con carácter urxente ás unidades de convivencia como a familia monomarental, consultando os umbrais e requisitos establecidos no DOGA.
Cómo se solicita?
- A solicitude de concesión inicial realizarase mediante a presentación do modelo. O modelo está como anexo I na resolución. Deberá estar debidamente cuberto.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede. xunta. gal/ chave365).