Campamento de Verán, Prazas Xuvenís
O prazo de presentación de solicitudes será de sete (7) días hábiles contado a partir do  18 de Maio ata o día 26 de Maio de 2022.
As diferentes actividades que integra esta programación levarán a cabo en diferentes quendas durante os meses de Xullo, Agosto e Setembro.
A información sobre a convocatoria desta campaña, así como cada actividade e instalación xuvenil onde se desenvolverá, atoparase detallada na páxina web: http://xuventude.xunta.es/
-A participación na oferta de Campaña de verán de 2022 realizarase mediante a solicitude:

INDIVIDUAL (UN/UNHA FILLO/A): Modelo BS303A con ligazón ao procedemento aquí

Individual (Reservadas discapacidade): Modelo BS303 G con ligazón ao procedemento aquí.

MÚLTIPLE (DOUS, TRES OU CATRO IRMÁNS/AS): Modelo BS303 F con ligazón ao procedemento aquí.

Múltiple (Reservadas discapacidade): Modelo BS303H con ligazón ao procedemento aquí.

Documentación para a presentación:
SOLICITUDE E FORMA DE PRESENTACIÓN:
 As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede. xunta. gal.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario/a e clave Chave365.
PREZOS:
Varían de 117 a 193 euros en Galicia e de 247 a 284 os campamentos noutras comunidades
  • Os membros de familia numerosa ou familias monomarentais teremos un desconto do 50 % , neste caso preséntase fotocopia do título de familia numerosa ou certificado de familia monoparental no seu caso
  • As persoas usuarias do Carné Xove gozarán dun desconto do 25 % , e deberá presentarse fotocopia do carné, que deberá estar vixente.

Campamentos ofertados:

• Campamentos en Galicia

• Campamentos fóra de Galicia