Qué é o Cheque Familiar?
O Cheque Familiar é dunha dedución na declaración do IRPF de 1.200 euros. Hai dúas formas de gozar desta dedución.
- Agardar á data para presentar a declaración da renda anual e nese momento aplicar a dedución.
- Solicitarlle á Axencia Tributaria que, en lugar de agardar á declaración anual da renda, avance mes a mes a dedución, percibindo a parte proporcional. Por exemplo, se se cumpren os requisitos para percibir 1.200 euros anuais, pódese solicitar a cota mensual de 100 euros. Recibiranse mediante transferencia bancaria.
Cando existan ascendentes ou descendentes cunha minusvalía igual ou superior ao 33% e se cumpran o resto dos requisitos, a dedución será de 1.200 euros por cada familiar.
IMPORTANTE PARA A TRAMITACIÓN:
O anticipo mensual pódese solicitar por internet, presentando o modelo 143 da Axencia Tributaria . Será necesario dispoñer de certificado dixital, DNI electrónico ou usuario e contrasinal do sistema cl@ve. Tamén pode ser presencialmente , acudindo a calquera oficina da Axencia Tributaria previa cita.
Non é necesario presentar anualmente a renovación da solicitude para percibir a axuda nin para manter o anticipo, xa que unha vez concedida esta renovarase automaticamente.