Qué son ás Estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas?
A resolución de Estadías de tempo libre para mulleres soas ten por obxecto facilitarlles ás mulleres que teñan fillas ou fillos menores exclusivamente ao seu cargo un espazo e un tempo desligado da súa situación habitual e no cal poidan intercambiar experiencias a través da convivencia nun espazo de lecer.
Os gastos de aloxamento, manutención, monitoras e transporte desde o seu concello de orixe serán gratuítos para as persoas beneficiarias, e correrán por conta da Secretaría Xeral da Igualdade.
Beneficiarias
As mulleres que reúnan os seguintes requisitos:
- Ter fillas e/ou fillos a cargo exclusivamente con idades comprendidas entre os 2 e 12 anos.
- Non convivir con parella afectiva.
- Estar empadroada e ter residencia efectiva na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Que os ingresos brutos mesuais da solicitante non superen o límete do importe de 1,5 veces o IPREM.
- Non padecer ela, nin as fillas e/ou fillos que a acompañen enfermidade que requira illamento e/ou que impida a normal convivencia.
Para asistir ao programa as mulleres beneficiarias irán acompañadas dos menores exclusivamente ao seu cargo. Ditos menores deberán ter idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos na data de presentación da solicitude.