Axudas á compra
As axudas da Xunta para a compra de libros están dirixidas ó alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria, e ó alumnado matriculado en Educación Especial e ó alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65%.
Así, no caso do alumnado dos dous primeiros cursos de Primaria recibirán 210 euros no caso de renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 euros; e de 140 euros para as rendas de entre 6.000 e 10.000 euros.
No caso do alumnado matriculado en Educación Especial, en centros específicos ou en unidades de Educación Especial en centros comúns, así como o que presente unha discapacidade igual ou superior ao 65%, que solicite a axuda e que cumpra os requisitos recibirá un importe de 275 euros, con independencia da renda per cápita familiar.
Ademais, o alumnado de 1º e 2 de Primaria que se atope en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia recibirá a axuda máxima (210 euros), e non terá que acreditar os datos da unidade familiar nin o nivel de renda.
Fondo solidario
No Fondo Solidario de libros pode participar o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, e en 1º, 2º, 3º e 4º de ESO. A asignación de libros de texto farase, do mesmo xeito que cursos anteriores, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar. En calquera caso, terá preferencia o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da súa renda familiar.
Así, o alumnado con renda per cápita igual ou inferior a 6.000 euros, ou que estea en situación de garda ou tutela da Xunta ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65% (nestes dous últimos casos con independencia da renda) garantiu o acceso a seis libros. Pola súa banda, as familias con tramos de renda per cápita entre 6.000 e 10.000 euros terán acceso a catro manuais. Fai falta lembrar que será requisito fundamental para acceder ao Fondo solidario ou recibir as axudas para libros ou material escolar devolver os libros dos cursos anteriores.
Ademais…………
-O 100% das familias que cumpran cos requisitos terán libros gratuítos o próximo curso
-O alumnado de 1º e 2º de Primaria poderá acollerse ás axudas á compra de libros, que van entre os 210 e os 140 euros en función da renda
-No caso do alumnado matriculado en Educación Especial, mantense unha axuda de 275 euros independentemente da renda.
______________________________________________________________________________________________
Neste enlace recordade que podedes saber a Documentación Necesaria para a solicitude da axuda!!
________________________________________________________________________________________
IMPORTANTE
–Devolverase os libros de texto e/ou o material adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 202/23; o alumnado de 1º e 2º de EP, de EE ou con discapacidade igual ou superior a 65 %, só terá esta obrigación cando se poida reutilizar. A falta de devolución será causa de exclusión da participación no fondo solidario e nas axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso próximo curso e devolvelos ó finalizar este, en xuño ou en setembro, segundo corresponda.
Nota informativa:
-Para aquelas persoas empadroadas en Bergondo, tamén existe un programa de axudas de libros no que se pode participar a través do Concello só se pertences ó mesmo. (bergondo.gal)