Plan Coñece Galicia: Minicampamentos

A Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia volve a por en marcha, por terceiro
ano consecutivo, o programa “Coñece Galicia”.

Trátase dunha iniciativa lúdico formativa que se desenvolve en aloxamentos turísticos distribuídos por toda a xeografía galega en estancias de cinco días, de luns a venres. Ofrécense diferentes quendas alternativas de participación nos meses de xullo e agosto, distribuídas nun total de 13 programas e instalacións diferentes.

O PROGRAMA INCLÚE:

» Aloxamento de luns a xoves. A asignación de cuartos
será de libre disposición, o que supón que haberá que
compartir os que sexan múltiples.
» Manutención completa dende a cea do luns ata o xantar
do venres.
» Programa de actividades e equipo técnico responsable,
así como o material preciso para o seu
desenvolvemento (no suposto de mal tempo levaranse a
cabo actividades alternativas).
» A cobertura das actividades non inclúe os
desprazamentos (nin de ida nin de volta) entre o punto de
partida e o lugar onde se desenvolven as actividades

PREZO:

Todos os programas teñen un custe total de 125 euros, salvo as persoas membros de familias numerosas e as persoas membros de FAMILIAS MONOPARENTAIS terán un desconto do 50 % sobre o prezo (prezo final: 62,50 euros)

 

O PRAZO DE INSCRICIÓN:

O prazo de inscrición comezará o día 15 de xuño ás 13:00 horas e finalizará 5 días antes do inicio de
cada actividade, salvo no caso de que se esgoten as prazas

INSCRICIÓN E RESERVAS:

-A reserva da praza efectuarase a través do formulario electrónico de inscrición, que estará
dispoñible na páxina web xuventude.xunta.es. O formulario xerará un correo de confirmación das
quendas solicitadas.
-Admítese a inscrición dun máximo de 3 quendas diferentes de programas, indicando a orde de
prioridade de participación.
-A solicitude pode ser individual ou múltiple.

 

TODA A INFORMACIÓN NECESARIA ESTÁ NESTE ENLACE Ó FOLLETO OFICIAL DA XUNTA.