Plan de Axudas para a Renovación de Electrodomésticos en Galicia (FONDOS REMATADOS)

Esta axuda ten por obxecto regular a concesión de subvencións para a renovación de electrodomésticos en vivendas situadas en Galicia.

Electrodomésticos subvencionables:

  • Frigorífico e frigorífico-conxelador con clasificación enerxética A, B, C ou D
  • Conxelador con clasificación enerxética A, B, C
  • D Lavadora A, B ou C
  • Lavalouzas A, B ou C
  • Encimeras de indución total (soamente tecnoloxía de indución, non mixtas)

Beneficiarios/as:

Poderán ser beneficiarios das subvencións as persoas físicas que realicen algunha das actuacións subvencionables nunha vivenda sita na Comunidade Autónoma de Galicia. Para ser beneficiario terá que tramitar a súa solicitude a través dalgunha das entidades colaboradoras adheridas que figuren na listaxe que se publique na páxina web do Inega 

Un beneficiario só poderá recibir axuda pola substitución dun único electrodoméstico de cada unha das tipoloxías de equipos incluídos e cun máximo de tres electrodomésticos por beneficiario.

Cantía da axuda:

A cantidade da subvención non poderá ser superior ao 25% do prezo do electrodoméstico para un consumidor xeral, do 50 % para consumidores vulnerables e do 75 % para consumidores vulnerables severos.

Na seguinte táboa establécese a axuda máxima por electrodoméstico en función da súa tipoloxía:

 

PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE DA AXUDA:

Só poderán presentar solicitudes as entidades colaboradoras adheridas. A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega.
CONSULTAR BASES E REQUISITOS PARA CADA CASO INDIVIDUAL NO DOCUMENTO OFICIAL DO DOGA

Tamén pódeche interesar: Bono Térmico.