As Residencias de Tempo Libre inclúen aloxamento e comedor, e as familias de especial consideración terán prioridade na solicitude.
Solicitude de estadías, e servizos nas residencias de tempo libre de de Panxón-Nigrán (Pontevedra) e O Carballiño (Ourense) dependentes da Consellería de Política Social.
Servizos ofertados:
• Servizo de aloxamento: incluíndo a limpeza diaria.
• Servizo de comedor: réxime de pensión completa (almorzo, xantar e cea).
A adxudicación das prazas efectuarase por riguroso orde de entrada de solicitudes.
Terán prioridade as familias de especial consideración, segundo da Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia.
• Familias numerosas
• Familias acolledoras
• Familias monoparentais
• Familias vítimas de violencia de xénero
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.