Tarxeta Benvida

Qué é a Tarxeta Benvida?

A Tarxeta Benvida é unha axuda económica está destinada a familias con nenos ou nenas nados ou adoptados  durante o ano 2022, co fin de contribuír a sufragar os gastos derivados do seu coidado durante o primeiro ano de vida.

Esta tarxeta poderá empregarse para comprar en establecementos da Comunidade Autónoma de Galicia.  Pódense comprar produtos para o neno ou nena como:

  • leite e outros alimentos infantís,
  • cueiros,
  • roupa,
  • berces,
  • artigos de paseo e de viaxe,
  • libros,
  • produtos ópticos,
  • produtos de hixiene infantil ou
  • produtos farmacéuticos.

Saber máis

Información:  DOG 11 xaneiro 2022

Cómo solicitar?

O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contados dende o día seguinte en que se produce o nacemento ou se dita a resolución de adopción ou de garda con fins adoptivos.

Máis…