A Federación de Asociacións de Familias Monomarentais (FAMS) presenta a súa campaña polo Día das Familias “Prohibido xogar á pelota no Congreso”.
FAGAMOS colabora nesta campaña, xunto a outras entidades que conforman a Rede Estatal de Entidades de Familias Monoparentais que a federación coordina, cuxo obxectivo se centra en realizar unha chamada á acción ás forzas políticas do país para a correspondente tramitación e aprobación da lei de familias. Le aquí o manifesto.
Con esta campaña a federación de familias monomarentais pretende denunciar o ruído político que se fai á conta da monoparentalidade a través dos discursos destas forzas políticas e desmentir algunhas informacións que desvían a atención e urxencia na tramitación da devandita lei.
Parte das imaxes deste vídeo foron obtidas desde a noticia de Informativos Telecinco: «O Síndic de Barcelona reclama quitar os carteis de ‘prohibido xogar á pelota’: ‘É un dereito fundamental’ » https://www.facebook.com/watch/?v=590844837089888
Deixa unha resposta