CREANDO REDE
Formamos parte da Rede Estatal de Entidades de Familias Monoparentais
No ano 2008 a Federación de Asociacións de Nais Solteiras (FAMS) crea a REEFM, unha rede que reúne a entidades de familias monoparentais de todo o país co fin de traballar de forma conxunta reivindicacións e accións que establezan condicións favorables na calidade de vida das nosas familias. Así imos formando unha rede de Entidades Colaboradoras.
Somos 23 entidades ou colectivos con presenza en 12 Comunidades Autónomas cun obxectivo fundamental: reclamar unha Lei de Familias Monoparentais a nivel nacional, que acabe por fin coa discriminación e a vulnerabilidade que sofren as nosas familias como consecuencia dunha falta de políticas de apoio adecuadas.