You are here: Home / Coñécenos / Que facemos

QUE FACEMOS

Que facemos en FAGAMOS

A Asociación de Familias Monomarentais de Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro constituida en marzo de 2021. Está inscrita no Rexistro Central de Asociacions da Comunidade Autónoma de Galicia co número 2021/024679-1ª e no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servicios Sociais (RUEPSS) co número E-7449.

A nosa actividade está dirixida a apoiar e representar ás familias galegas nas que a responsabilidade da crianza recae íntegramente nunha soa persoa. Ademáis, traballamos en reivindicar equidade e visibilidade para o noso modelo de familia, ante a sociedade e ante as institucións, e transformalas.

Acollemos a todo tipo de familias monoparentais sexa cal sexa a súa orixe, e dicir, tanto se están conformadas así por decisión propia coma se as circunstancias que as levaron á situación de monoparentalidade foron distintas, e con idependencia do xénero da persoa proxenitora.

Decidimos empregar o término monomarental para o nome da asociación nos nosos documentos e comunicacións . En feminino porque, cuestións semánticas aparte, consideramos éste un xeito  de dar visibilidade a que o noso modelo de familia está sostido maioritariamente por mulleres.

Na procura de regulación e equidade.

FAGAMOS, o noso acrónimo, ademáis de corresponder ás siglas de Familias Galegas Monomarentais, é toda unha declaración de intencións.  Queremos facer cousas para mellorar a calidade de vida dun colectivo de persoas que non deixa de medrar día a día e que non contaba cun espazo propio de asociacionismo a nivel autonómico en Galicia.

Pero sobre todo, queremos ser a voz que represente a todas estas nais e a os seus fillos e fillas ante quen realmente teñen a capacidade de dar pulo aos cambios que precisamos. Porque cremos firmemente que só dende a colaboración , corresponsabilidade e implicación de toda a sociedade poden desaparecer as situacións de exclusión, vulnerabilidade, precariedade e incluso pobreza que sofren as nosas familias. Todos/as temos algo que facer:  asociacións, políticos, administración, institucións, cidadáns, comunidade educativa, etc. Así que ¡FAGAMOS!

Traballamos para…

  • Representar

    Servimos coma plataforma representativa das familias monoparentais gallegas para atender o seu desenrolo integral dende dous principios: a perspectiva de xénero e o interés superior dos e das menores.

  • Reivindicar

    Necesitamos apoio institucional, tanto público coma privado, para dar pulo á creación dunha Lei de Familias Monoparentais que nos defina, regule e protexa da discriminación actual.

  • Visibilizar

    Promovendo a igualdade de dereitos das familias, respectando a súa diversidade e concienciando á sociedade da importancia desta para afrontar o reto demográfico do noso país.

  • Dar pulo

    Condicións socioeconómicas que melloren a nosa calidade de vida , encamiñadas ao disfrute lo lecer, a cultura, a vivenda, a educación e a saúde.

  • Apoiar

    Ser un lugar de encontro para nais que crían a soas e as súas crianzas, onde poidan coñecer a outras familias afins e onde poidan participar e intercambiar experiencias e información.

  • Cooperar

    Traballar en rede con outras entidades orientadas á protección de familias monoparentais, mulleres, nenos e nenas e contribuir a o fortalecemento do tecido asociativo a nivel autonómico, nacional e incluso internacional.

  • Protexer

    Reducir o risco de exclusión social das familias monoparentais en situación de vulnerabilidade relacionada con menores, mocidade, discapacidades, mulleres inmigrantes e víctimas de violencia de xénero.

  • Poñer en valor

    Situar os coidados coma primeira necesidade para o mantemento do sistema, erradicando a idea de que non teñen valor económico e loitar contra as desigualdades de xénero derivadas delo.

Actividades