NÓS
Quen somos a Xunta Directiva
O arranque e empuxe deste proxecto é mérito seu, do seu empeño e bo facer. Quere que a súa propia experiencia como nai monomarental sirva a outras familias.
María
Vicepresidenta
María sempre está disposta a sumar. É vital, alegre, loitadora e valente, e sempre tivo moi claro que quería ser nai, así que con 38 anos tivo xemelgos por inseminación artificial
Mari
Tesoureira
Mari foi nai en 2008, e coa súa experiencia sempre aporta pragmatismo, sentido do humor e escoita activa.
Estela
Vogal
É a impulsora máis nova da asociación. Nai dende 2018, ten moi clara a necesidade de que se normalice a diversidade familiar.
Cayetana
Vogal
Nai monomarental dende o ano 2019, quere que a súa historia se comparta coa vivencia de outras mulleres coma ela. Valente e loitadora da equidade de todas as familias e que conten cos mesmos dereitos.
Cris
Secretaria
Nai monomarental dende os 17 anos é a nai máis nova da Asociación. Alegre e extrovertida busca o cambio e a conciliación activa.