- Este evento ha pasado.
Moito que facer: coidados compartidos – Noia (A Coruña)
25 septiembre-17:00 a 21:00
Cantas cousas hai que facer cada día para sacar adiante unha familia?
Organizar horarios, acompañar, conciliar, facer a compra, preparar comidas, atender imprevistos, escoitar, coidar… A lista parece non rematar nunca.
Agora imaxina ter que asumilo sempre todo sen apoio.
Nas familias monoparentais, unha única persoa adulta asume a responsabilidade cotiá da crianza, do fogar e da conciliación. Por iso queremos falar de corresponsabilidade, pero tamén mirar máis alá do propio fogar.
Falaremos de desigualdade, conciliación e corresponsabilidade e de como construír redes de apoio que contribúan a ofrecer facilidades a quen coida, desde a comunidade.
Ademais, poderás coñecer o Plan de Voluntariado de FAGAMOS e descubrir formas de implicarte, se queres dar un paso máis.
Moito que facer: coidados compartidos é unha actuación que forma parte de “Currunchiños de Conciliación”, programa de FAGAMOS que en 2026 recibiu o recoñecemento Medrando Xuntas na categoría de Maior Impacto Social e que está financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Ministerio de Igualdad no marco do Plan Corresponsables.

Deja una respuesta