- Este evento pasou.
1º Encontro Día Internacional da Familia (Bertamirans, Ames)
15/05/2022-17:00 a 20:00
Ola familias! O vindeiro domingo día 15 de Maio pola tarde celébrase o Día Internacional da Familia. Nós como Asociación de Familias Monomarentais estaremos presentes no primeiro encontro para familias organizado por a Asociación Galega de Familias de Acollida, ACOUGO (Preme AQUÍ para obter máis información da súa páxina web)
Celebrarase en:
PAZO DA PEREGRINA, en Bertamiráns (Ames). (Preme aquí para acceder á ubicación!!)
Participan:
ANPA “AS BRAÑAS” VENTIN, un anpa moi activa. Nestes momentos están a facer unha actividade que se chama “Patio Coeducativo e Inclusivo” dentro do seu programa “Traballando pola Igualdade no CEP de Ventín”.
ARELAS, Asociación de Familias de Menores Trans. O seu obxectivo é traballar e promover a defensa dos dereitos das crianzas e adolescentes trans en todos os ámbitos da vida: educativo, sanitario, xudicial, cultural, deportivo e social.
ACOUGO, Asociación Galega de Familias de Acollida. Está formada por familias acolledoras. Xurde da necesidade de crear unha rede de apoio e sensibilización que de pulo a o acollemento familiar velando, por riba de todo, polos dereitos das crianzas e adolescentes do sistema de protección.
FAGAMOS, Asociación de Familias Monomarentais de Galicia. É unha entidade sen ánimo de lucro, representativa, reivindicativa, e de apoio ás persoas que están criando sen compartir a responsabilidade con outro/a proxenitor/a na nosa comunidade.
Esperámosvos!
Deixa unha resposta