
- Este evento pasou.
III Xuntanza de Familias Galegas Monoparentais. Xornada portas abertas.
13/04/2024-10:30 a 23:00
Co motivo da celebración do seu 3º aniversario FAGAMOS organiza a súa xa tradicional Xuntanza anual durante a fin de semana do 12 ao 14 de abril de 2024.
A xornada do sábado 13 de abril está aberta a todas as persoas que queiran achegarse a coñecer a asociación, e en especial a todas as familias monoparentais galegas que queiran compartir un día de lecer e convivencia, cunha chea de actividades tanto para maiores como para a rapazada.
Descarga o programaF
Fai a túa inscrición
Deixa unha resposta