Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Moito que facer: coidados compartidos – Noia (A Coruña)

25 Setembro-17:00 a 21:00

 

 

📍 NOIA | MOITO QUE FACER: COIDADOS COMPARTIDOS
Cantas cousas hai que facer cada día para sacar adiante unha familia?
Organizar horarios, acompañar, conciliar, facer a compra, preparar comidas, atender imprevistos, escoitar, coidar… A lista parece non rematar nunca.
Agora imaxina ter que asumilo sempre todo sen apoio.
Nas familias monoparentais, unha única persoa adulta asume a responsabilidade cotiá da crianza, do fogar e da conciliación. Por iso queremos falar de corresponsabilidade, pero tamén mirar máis alá do propio fogar.
💬 Que podemos facer como sociedade para apoiar ás familias monoparentais na crianza?
Falaremos de desigualdade, conciliación e corresponsabilidade e de como construír redes de apoio que contribúan a ofrecer facilidades a quen coida, desde a comunidade.
Ademais, poderás coñecer o Plan de Voluntariado de FAGAMOS e descubrir formas de implicarte, se queres dar un paso máis.
📌 Achégate a “Moito que facer: coidados compartidos”
🗓️ Venres 25 de setembro
🖲️ Edificio Casino. Rúa Galicia, nº8. Noia (A Coruña)
ℹ️ 17 a 19 h – Punto de asesoramento e información (planta baixa)
🗣️ 19 h – Charla informativa e faladoiro (2º andar)
🎟️ Acceso libre
Moito que facer: coidados compartidos é unha actuación que forma parte de  “Currunchiños de Conciliación”, programa de FAGAMOS que en 2026 recibiu o recoñecemento Medrando Xuntas na categoría de Maior Impacto Social e que está financiado  pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Ministerio de Igualdad no marco do Plan Corresponsables.

Detalles

Data:
25 Setembro
Hora:
17:00 a 21:00

Recinto

Edificio Casino
Rúa Galicia, 8
Noia, A Coruña 15200
+ Google Map

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.