- Este evento pasou.
Os Bolechas falan das Familias – Pontevedra
28/11/2023-17:00 a 18:30
De baldeOs Bolechas falan das familias é unha actuación que se desenvolve dentro do proxecto Facemos Corresponsabilidade 2023 no marco do Plan Corresponsables, promovido pola Asociación de Familias Monomarentais de Galicia (FAGAMOS) co financiamento do Ministerio de Igualdade a través da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.
Destinado aos nenos e nenas en idade escolar e ás súas familias, a iniciativa pretende reforzar o concepto de diversidade familiar a partir do enfoque nas familias monoparentais, contribuíndo a normalizar a percepción destas familias coma un modelo máis dentro dos tipos de familias que existen, e da importancia do valor da corresponsabilidade tanto dentro da familia como no resto da sociedade.
De forma lúdica e didáctica, os nenos e nenas poderán aprender sobre a aceptación e importancia da diversidade familiar, comparar as familias humanas e animais, comprender as principais ocupacións e dificultades dos nais e pais e interiorizar a necesidade de colaborar nas tarefas da casa.
Farase a través dun conxunto de actividades que se achegarán presencialmente a colexios de distintas localidades galegas, nos que os pais, nais, nenos e nenas poderán disfrutar de:
- teatriño cun Bolecha monicreque
- video de Os Bolechas falan das familias
- taller de xogo de preguntas e desafíos
- coñecer a web interactiva de Os Bolechas falan das familias
- agasallo de materiais didácticos a todos os nenos e nenas asistentes
Deixa unha resposta