Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Os Bolechas falan das Familias – Redondela

27/11/2023-17:00 a 18:30

De balde

Os Bolechas falan das familias é unha actuación que se desenvolve dentro do proxecto Facemos Corresponsabilidade 2023 no marco do Plan Corresponsables, promovido pola Asociación de Familias Monomarentais de Galicia (FAGAMOS) co financiamento do Ministerio de Igualdade a través da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.

Destinado aos nenos e nenas en idade escolar e ás súas familias, a iniciativa pretende reforzar o concepto de diversidade familiar a partir do enfoque nas familias monoparentais, contribuíndo a normalizar a percepción destas familias coma un modelo máis dentro dos tipos de familias que existen, e da importancia do valor da corresponsabilidade tanto dentro da familia como no resto da sociedade.

De forma lúdica e didáctica, os nenos e nenas poderán aprender sobre a aceptación e importancia da diversidade familiar, comparar as familias humanas e animais, comprender as principais ocupacións e dificultades dos nais e pais e interiorizar a necesidade de colaborar nas tarefas da casa.

Farase a través dun conxunto de actividades que se achegarán presencialmente a colexios de distintas localidades galegas, nos que os pais, nais, nenos e nenas poderán disfrutar de:

  • teatriño cun Bolecha monicreque
  • video de Os Bolechas falan das familias
  • taller de xogo de preguntas e desafíos
  • coñecer a web interactiva de Os Bolechas falan das familias
  • agasallo de materiais didácticos a todos os nenos e nenas asistentes
A entrada é de balde e non é imprescindible ser alumno/a do colexio onde se celebran para poder asistir.
Preme no seguinte botón para acceder ao formulario de inscrición:

Detalles

Data:
27/11/2023
Hora:
17:00 a 18:30
Custe:
De balde

Organizador

Asociación de Familias Monomarentais de Galicia – FAGAMOS
Phone
633817849
Correo
info@fagamos.com
Ver a páxina web do Organizador

Recinto

CEIP Igrexa Chapela
Subida á Buraca
Parada, Pontevedra 36320 Spain
+ Google Map
Phone
886 11 06 68
Ver a Páxina Web do Recinto

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.