- Este evento pasou.
Picnic Día das Familias – Vilanova de Arousa (Pontevedra)
12 Maio-12:00 a 19:00
O día 15 de maio celébrase o Día Internacional das Familias.
As entidades que conformamos a Rede Estatal de Familias Monomarentais organizamos todos os anos un picnic reivindicativo en distintas localidades de España para visibilizar o noso modelo de familia con motivo desa celebración.
Este ano, a Asociación de Familias Monomarentais de Galicia (FAGAMOS) celebrarémolo o domingo 12 de maio, en Vilanova de Arousa (Pontevedra).
Quedaremos ás 12:00 h no Xardín Umbrío (Poboado das Casiñas) para encontrarnos todas as familias e as persoas que queiran acompañarnos. Ás 13.30 h leremos o manifesto consensuado pola Rede Estatal de Familias Monomarentais con motivo do Día das Familias.
Ao rematar, achégaremonos ao zoa da Praia do Terrón, a uns poucos minutos camiñando, para xantar de picnic todas as familias. Tamén se pode chegar ata alí en coche.
Pasaremos o resto do día desfrutando dunha tarde de lecer pola vila.
A actividade está aberta a calquera persoa que queira achegarse a coñecer FAGAMOS ou a apoiar ao noso modelo de familia. Se precisas máis información, podes chamar ao 633817849 ou escribir a info@fagamos.com
Vémonos o domingo 12 en Vilanova!
Deixa unha resposta