
- Este evento pasou.
Quedada monoparental Día das Familias 2025 Ribadumia (Pontevedra)
11 Maio-12:00 a 20:30
Todos os anos, con motivo do Día Internacional das Familias (que se celebra o 15 de maio), FAGAMOS organiza unha actividade que busca dar visibilidade ao noso modelo familiar e ás nosas reivindicacións. A tal fin, faremos unha quedada de familias monoparentais o domingo 11 de maio en Ribadumia (Pontevedra).
É una actividade aberta a todas as familias monoparentais, e persoas achegadas, sexan ou non socias da nosa entidade.
Quedaremos ás 12:00 na Carballeira de Ribadumia, onde se celebra a 5ª Romaría da Música, para tomar o aperitivo Ubicación Carballeira de Ribadumia . En caso de choiva, cambiamos ao Náutico Cofee&Beer na zona recreativa de Cabanelas (xunto a piscina municipal). Ubicación zona recreativa de Cabanelas.
Arredor das 14:30 xantaremos de picnic na zona recreativa das Cabanelas, cada familia leva a súa comida. Se chove, alongaremos o aperitivo no Náutico Coffee&Beer e desprazarémonos ao pavillón de Barrantes, onde poderemos xantar a cuberto a partir das 15:00. Ubicación pabellón de Barrantes.
Das 16:30 en diante estaremos na XV Feira da Familia, na Praza do Concello. Un espazo onde entidades, asociacións e organizacións darán a coñecer os seus recursos e proxectos. FAGAMOS terá un stand informativo na feira. Ubicación Praza do Concello . Se chove, farase no pavillón de Barrantes.
🤸♀️Durante todo o día haberá diversión garantizada para os nenos e nenas con xogos, inchables e actuacións.
Se necesitas máis información podes chamarnos ou escribir un whatsapp ao 6338817849.
Vémonos en Ribadumia!
Deixa unha resposta