


- Este evento pasou.
Webinario Saúde-Fala : A MIÑA PEQUENA FAMILIA É O MÁIS!
13/06/2022-17:00 a 18:30



Ola Familias!
Como explicar aos nosos fillos/ as o noso modelo familiar? Que dicir cando nos pregunten pola figura paterna?
Pois este evento pódeche interesar moito!
O Luns, día 13 de Xuño celebrarase a través da plataforma Zoom de 17:00 a 18:30 un webinario creado por FAMS (Federación de Asociacións de Nais solteiras) no que se tratarán claves e ferramentas para facilitar unha comunicación positiva cos nosos fillos e fillas crecendo en familias monomarentales axudándolles/ as a coñecer, recoñecer, asumir e valorar o seu modelo familiar. Coa colaboración ademais de Marta Díez, experta e profesora universitaria.
Lembrade que para participar tedes que inscribirvos neste correo: red@federacionmadresolteras.org
Deixa unha resposta