- Este evento pasou.
XORNADA DE ACHEGAMENTO AO ACOLLEMENTO FAMILIAR E AO SISTEMA DE PROTECCIÓN Á INFANCIA. “Aprender a quererse. Prevención do maltrato e do abuso sexual infantil”
01/04/2023-17:00 a 20:00
Levamos un tempo pensando nunha xornada para achegar, dende outro enfoque, a situación que moitos nenos, nenas e adolescentes (NNA) viven e sofren, da sociedade en xeral e do sistema de protección á infancia en particular: o maltrato e o abuso infantil.
A xornada, que se desenvolverá no Auditorio de Padrón, na tarde do sábado 1 de abril, acolle varias actividades con esta temática para afondar, aprender e compartir experiencias xunt@s.
1. ESPECTÁCULO CON MÚSICA E TEATRO PARA APRENDER A QUERERSE: GUÁ!
De Tero Rodríguez & Barahúnda
Trátase dunha ferramenta de axuda aos participantes, especialmente ás familias e ás crianzas, pero que tamén remove nas propias experiencias das persoas adultas e/ou na toma de conciencia sobre a vulnerabilidade dos nenos, nenas e adolescentes (NNA), de calquera tipo de ambiente e condición social e económica.
Esta parte está pensada para todas as persoas adultas e NNA acompañantes dende educación primaria en adiante.l
Paralelamente haberá unha ACTIVIDADE DE CONCILIACIÓN PARA AS NENAS E OS NENOS DE EDUCACIÓN INFANTIL e para aqueles nenos e nenas que os seus responsables prefiran que asistan a esta actividade en lugar do espectáculo.
A cargo do persoal voluntariado de ACOUGO.
2. COLOQUIO
• Para os participantes no espectáculo “GUÁ!”, xerarase un espazo de reflexión e participación, con preguntas e intercambio de impresións.
• Para os nenos e nenas que o desexen haberá actividades dirixidas de xogos e manualidades.
3. MERENDA COMPARTIDA para continuar co diálogo e finalizar xornada de convivencia.
É preciso inscribirse na xornada. Animamos a todos e todas a participar.
PARA ASISTIR, E PREPARAR A MERENDA, PORFA, CUBRIDE O FORMULARIO NESTA LIGAZÓN
Deixa unha resposta