Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Xornada Garantía Muller: A eliminación do estigma nas vítimas da violencia de xénero

20 Xuño-09:30 a 13:45

O programa Garantía Muller é un proxecto que ten como obxectivo principal contribuír á sensibilización pública sobre a violencia machista e de parella sufrida polas mulleres. Desenvólvese en Santiago de Compostela, Barcelona, Madrid, Málaga, Salamanca, Santander e Talavera de la Reina, promovido pola Asociación Salud y Familia e cofinanciado polo  Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030.

O eixo deste programa é coñecer e divulgar os prexuízos que pesan sobre as vítimas de violencia de xénero desalentando a saída a tempo das relacións violentas e tamén a volta á vida social e laboral.

FAGAMOS ocúpase de organizar a xornada que se celebrará o xoves 20 de xuño en Santiago de Compostela na que se  abordará, desde unha perspectiva interdisciplinar e de intercambio de coñecementos e prácticas,  a eliminación do estigma nas vítimas da violencia de xénero. Está dirixida a profesionais do Terceiro Sector Social, profesionais do sistema sanitario e de servizos sociais públicos, asociacións de mulleres, asociacións de familias, asociacións de inmigrantes e en xeral a mulleres de todas as orixes e condicións sociais.

Descarga aquí o programa da xornada.

Detalles

Data:
20 Xuño
Hora:
09:30 a 13:45

Organizador

Asociación de Familias Monomarentais de Galicia – FAGAMOS
Phone
881563212
Correo
info@fagamos.com
Ver a páxina web do Organizador

Recinto

Casa Xohana Torres
Rúa de Barreiro de Vázquez Varela s/n
Santiago de Compostela, A Coruña 15702 Spain
+ Google Map
Ver a Páxina Web do Recinto

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.