Fedellando coas STEAM
“Currunchiños de conciliación 2025”

Fedellando coas STEAM é un campamento urbano que forma parte do programa Currunchiños de Conciliación e que busca ofrecer unha alternativa de lecer para nenos e nenas durante os períodos vacacionais e de conciliación para as familias.
Un espazo de coidado no que se promove a aprendizaxe a través do xogo e o desenvolvemento de proxectos, aplicando sempre metodoloxías activas e baseando as distintas actividades na corresponsabilidade das tarefas no fogar, na igualdade entre mulleres e homes, etc.
As actividades, xogos e obradoiros que se desenvolverán durante o campamento estarán centrados nas disciplinas STEAM (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría, arte e matemáticas) co obxectivo de fomentar as competencias e vocacións científico-tecnolóxicas, especialmente nas nenas e nas familias en risco de exclusión social, contribuíndo así a mitigar a fenda dixital e de xénero.
O campamento
- Dirixido a: nenas e nenos de 4 a 12 anos
- Prezo: Gratuito
- Prazo de solicitude: 12 a 19 de xuño de 2025
- Onde: EnxeñoLabs – Praza Marqués de San Martín nº 2 – A Coruña
- Datas: Luns a venres do 30 de xuño ao 5 de setembro de 2025
- Horarios: 7:30 a 16:00 (inclúe servizo madrugadores e comedor)
- Nº de prazas: 40 prazas (4 por quenda).
- Imparte:
Máis información

-
Quendas
As quendas son dunha semana de duración (días laborables).
-
Que está incluido
A concesión da praza inclúe o equipamento e material necesario para o desenvolvemento das actividades, sen coste algún para as familias.
-
Criterios de adxudicación de prazas
Cada neno ou nena poderá participar en dúas quendas como máximo (poden ser seguidas ou non).
As prazas adxudicaranse seguindo este orde de prioridade, ata esgotarense:
1º Familias monoparentais galegas asociadas a FAGAMOS. Como asociarte.
2º Familias monoparentais galegas asociadas a outras entidades de familias monoparentais e/ou familias galegas que acrediten estar inscritas no Registro FAMiliaS da federación de familias monomarentais (FAMS).
3º Resto de familias monoparentais galegas.
4º Familias con mulleres vítimas de violencia de xénero e outras formas de violencia contra a muller, mulleres en situación de risco de desemprego de longa duración, mulleres maiores de 45 anos ou unidades familiares nas que existan outras cargas relacionadas cos coidados.
5º Resto de familias.
Unha vez clasificadas as solicitudes dentro dos grupos anteriores (tipo de familia), dentro de cada grupo, se darase prioridade de acceso por orden de inscrición. Unha vez aplicados estes criterios, no caso de que o número de solicitudes supere ao número de prazas dispoñibles, terase en conta o nivel de renda e de cargas familiares das persoas que soliciten a participación nas actividades.
-
Confirmación da praza
Data de confirmación de prazas: 23/06/2025
As persoas beneficiarias recibirán un correo electrónico solicitando a achega de documentación que acredite a situación familiar reflectida no formulario de solicitude. Terán un prazo de 72 horas para facer chegar devanditos documentos ao correo electrónico: info@enxenolabs.gal, en caso contrario perderase o dereito para gozar da praza e a mesma asignarase a outra persoa seguindo a orde de prioridade. Revisa a túa bandexa de correo non desexado por si che entrara como spam.
As persoas non beneficiarias non recibirán ningunha notificación e quedarán en lista de agarda.
As prazas que queden vacantes ofertaranse ás personas solicitantes en lista de agarda, seguindo a mesmo orde de prioridade. Se non se cubriran, abriríase a posibilidade de desfrutar de máis de dúas quendas por neno ou nena.
A aceptación da praza compromete á asistencia e aproveitamento da mesma. En caso de incumprimento a praza será cedida a outro neno ou nena que estea en lista de espera.
-
Normas do campamento
- Puntualidade.
- Respectar aos compañeiros/as e ao persoal.
- Avisar con antelación as asusencias, atrasos, etc.
- Non asistir en caso de enfermidade infecto-contaxiosa.
- Cada partipante deberá coidar e respectar o material.
- Evitar traer obxectos suceptibles de extraviarse ou romper. (Excepción: xoguetes de apego).
- As pertenzas dos/as participantes deben estar marcadas con nome e apelidos.
- Non se poderá comer durante a actividade.
É importante que os/as participantes cumpran as normas especificadas anteriormente e presenten un comportamento adecuado que permita o correcto desenvolvemento da actividade. En caso de faltar ás normas, presentar comportamentos disruptivos que impidan o correcto funcionamento da actividade ou poñan o perigo a súa integridade física ou a dos/as compañeiros/as, o/a participante recibirá en primeira instancia un aviso por escrito, se o comportamento persiste retirarase de forma inmediata o dereito á praza asignada e, por tanto, ao goce da actividade.


