Fedellando coas STEAM

You are here: Home / Fedellando coas STEAM

“Currunchiños de conciliación” 2024

Fedellando coas STEAM é un campamento urbano que forma parte do programa Currunchiños de Conciliación e que busca ofrecer unha alternativa de lecer para nenos e nenas durante os períodos vacacionais e de conciliación para as familias.
Un espazo de coidado no que se promove a aprendizaxe a través do xogo e o desenvolvemento de proxectos, aplicando sempre metodoloxías activas e baseando as distintas actividades na corresponsabilidade das tarefas no fogar, na igualdade entre mulleres e homes, etc.
As actividades, xogos e obradoiros que se desenvolverán durante o campamento estarán centrados nas disciplinas STEAM (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría, arte e matemáticas) co obxectivo de fomentar as competencias e vocacións científico-tecnolóxicas, especialmente nas nenas e nas familias en risco de exclusión social, contribuíndo así a mitigar a fenda dixital e de xénero.

O campamento

 

  • Dirixido a: nenas e nenos de 4 a 12 anos
  • Prezo: Gratuito
  • Prazo de solicitude: 18 a 30 de xuño de 2024
  • Onde: Avda. de Novo Mesoiro, 23 – A Coruña
  • Datas: Luns a venres dende o 1 de xullo ata o 10 de setembro de 2024
  • Horarios: 7:30 a 16:00 (inclúe servizo madrugadores e comedor)
  • Nº de prazas: 40 prazas (4 por quenda).
  • Imparte:

                             

Máis información

  • Quendas

    As quendas son dunha semana de duración (días laborables), agás a última que ten dous días adicionais.

  • Que está incluido

    A concesión da praza inclúe o equipamento e material necesario para o desenvolvemento das actividades, sen coste algún para as familias.

  • Criterios de adxudicación de prazas

    Cana neno ou nena poderá participar en dúas quendas como máximo (poden ser seguidas ou non).

    As prazas adxudicaranse seguindo este orde de prioridade, ata esgotarense:

    1º Familias monoparentais galegas asociadas a FAGAMOS. Como asociarte.

    2º Familias monoparentais galegas asociadas a outras entidades de familias monoparentais.

    3º Familias monoparentais galegas non asociadas.

    4º Familias con mulleres vítimas de violencia de xénero e outras formas de violencia contra a muller, mulleres en situación de risco de desemprego de longa duración, mulleres maiores de 45 anos ou unidades familiares nas que existan outras cargas relacionadas cos coidados.

    5º Resto de familias

    Unha vez aplicadas estas prioridades, no caso de que o número de solicitudes supere ao número de prazas dispoñibles, terase en conta o nivel de renda e as cargas familiares das persoas que solicitan a participación neles . As nenas e nenos que queden fora do cupo, pasarán a unha lista de espera.

    As familias monoparentais galegas deberán aportar o certificado oficial da Xunta de Galicia. O resto de familias con prioridade de acceso deberán acreditar documentalmente as circunstancias que lles apliquen en cada caso.

    A aceptación da praza compromete á asistencia e aproveitamento das mesmas. En caso de incumprimento a praza será cedida a outro neno ou nena que estea en lista de espera.

    As prazas que queden vacantes  ofertaranse ás personas solicitantes en lista de espera, seguindo o mesmo orde de prioridade. Se non se cubriran, abriríase a posibilidade de disfrutar máis de dúas quendas por neno ou nena.

  • Confirmación da praza

    As persoas con praza dispoñible na/s quenda/s solicitada/s recibirán unha chamada de confirmación.

    As persoas que non dispoñan de praza para a/as quenda/s solicitadas recibirán unha mensaxe por correo electrónico. Revisa a túa bandexa de correo non desexado por si che entrara como spam.

A actividade “Fedellando coas Steam” forma parte do programa “Currunchiños de Conciliación” financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade e o  Ministerio de Igualdade.