Fedellando coas STEAM
Obradoiros gratuitos de temática científico-tecnolóxica para nenas e nenos de entre 6 e 16 anos, sobre temática S.T.E.A.M. (ciencias, tecnoloxía, enxeñaría, arte e matemáticas). Abarcaranse disciplinas coma a robótica educativa, a programación, o deseño en 2D e 3D, a impresión 3D, a electrónica, a realidade virtual, drones, etc.
Estes talleres despertarán e fomentarán a creatividade dos rapaces e rapazas de forma lúdica, e contribúen a reducir a fenda dixital, a desenvolver o pensamento crítico, á resolución de problemas de forma creativa, e a promover a autonomía no desenvolvemento de proxectos e ideas.
As persoas que imparten as distintas materias son profesionais que buscan potenciar as súas cualidades e capacidades, para que se apaixonen pola Ciencia aplicada dun xeito que comprendan dende edades temperás.
Ademáis, nas actividades empregaranse contidos encamiñados a fomentar nas nenas, nenos e adolescentes a sensibilización en materia de igualdade, corresponsabilidade e diversidade familiar.
Preme sobre a localidade que che interesa para ver os días e horarios dos obradoiros e o formulario de solicitude de praza:
FEDELLANDO COAS S.T.E.A.M. OURENSE
- Para nenas e nenos de 6 a 16 anos
- Prazo de solicitude: Ata cubrir prazas dispoñibles
- Onde: Rúa Teluro, 2
- Datas: 9,16,22 e 23 de setembro de 2023
- Horario: 11:00 a 13:00 h *
* Excepto o 22 de setembro que se celebrará pola tarde, pendente concretar horario.
- Imparte:







IMPORTANTE



-
Que está incluido
A concesión da praza inclúe o ciclo completo de sesións que se celebran en cada localidade e o equipamento e material necesario para o desenvolvemento das actividades, sen coste algún para as familias. Non se poden solicitar días soltos.
-
Criterios de adxudicación de prazas
As prazas adxudicaranse seguindo este orde de prioridade, ata cubrir o cupo dispoñible:
1º Familias monoparentais galegas asociadas a FAGAMOS. Como asociarte.
2º Familias monoparentais galegas asociadas a outras entidades de familias monoparentais.
3º Familias monoparentais galegas non asociadas.
4º Familias con mulleres vítimas de violencia de xénero e outras formas de violencia contra a muller, mulleres en situación de risco de desemprego de longa duración, mulleres maiores de 45 anos ou unidades familiares nas que existan outras cargas relacionadas cos coidados.
5º Resto de familias
As familias monoparentais galegas deberán aportar o certificado oficial da Xunta de Galicia. O resto de familias con prioridade de acceso deberán acreditar documentalmente as circunstancias que lles apliquen en cada caso.
Dentro de cada grupo de prioridade, adxudicaranse as prazas por orde de solicitude. As nenas e nenos que queden fora do cupo, pasarán a unha lista de espera.
A aceptación da praza compromete á asistencia e aproveitamento das mesmas. En caso de incumprimento a praza será cedida a outro neno ou nena que estea en lista de espera.
As prazas que queden vacantes por renuncias posteriores á súa adxudicación, ofertaranse ás personas solicitantes en lista de espera, seguindo o mesmo orde de prioridade.
-
Confirmación da praza
Enviaremosche un mail confirmando se tedes ou non praza dispoñible. Revisa a túa bandexa de correo non desexado por si che entrara como spam. A mensaxe terá como remitente a conta asociacion@fagamos.com, ou a plataforma de xestión Cucunver.
En caso de que haxa praza, deberás confirmar a FAGAMOS a súa aceptación, seguindo as indicacións recibidas no correo. As prazas non confirmadas en tempo e forma serán adxudicadas a outra persoa.
“Fedellando nas Steam” é unha actividade desenvolta na actuación “Currunchiños de Conciliación” do proxecto “Facemos Corresponsabilidade 2023” no marco do Plan Corresponsables, coa financiación do Ministerio de Igualdade e a través da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.








