Proxecto Garantía Muller

Comenzo | Proxecto Garantía Muller

Monomarentalidade e violencia de xénero

As familias monoparentais non somos un grupo homoxéneo e  dentro deste concepto  existen situacións familiares, financeiras e sociais de moi diversa índole. A viuvez, o embarazo non desexado, o abandono familiar, a separación, o divorcio, unha situación de violencia de xénero, o internamento da parella, un proxecto migratorio, a libre elección… son todos eles elementos e experiencias que delinean a realidade tan complexa das familias monoparentais ou que se atopan en situación de monoparentalidade.
Determinadas situacións de monomarentalidade, como as sobrevidas como consecuencia da violencia de xénero  requiren de  un especial acompañamento, así como programas específicos de apoio para que esas mulleres poidan seguir  desempeñando o seu papel de nais do mellor xeito posible para elas e para os seus fillos e fillas. E no labor de toda a sociedade, está o deber de acadar que estas situacións sobrevidas e as súas consecuencias sexan cada vez menores e desaparezan definitivamente.

   O proxecto noutras cidades   

Xornada Garantía Muller en Salamanca