LEXISLACIÓN E TRÁMITES
En España non existe unha lei estatal que defina e regule de xeito homoxéneo ás familias monoparentais. Cada comunidade autónoma segue os seus propios criterios, e non en todas existe a posibilidade de obter o recoñecemento como familia monoparental.
En algunhas expídese un carnet, en outras un certificado, e tampouco son uniformes os criterios para a súa obtención. Varían os requisitos, a documentación a presentar, a vixencia e os beneficios que otorga esa acreditación, dependendo do lugar onde se solicite.
En Galicia, o marco normativo autonómico en relación ás familias monoparentais, baséase nas seguintes leis:
Lei 3/2011, de 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia
Nesta lei recoñécese que as familias monoparentais, por teren condicións especiais, requiren un tratamento máis favorable e unha especial consideración por parte dos poderes públicos.
Tamén define o concepto de familia monoparental, que posteriormente sería modificado en virtude da Disposición Derradeira Terceira da Lei de impulso demográfico de Galicia.
Recolle ademáis que os membros das familias monoparentais, igual que o resto de familias de especial consideración, terán trato preferente nos seguintes ámbitos: educativo e formativo, vivenda, lecer, tempo libre e cultura, novas tecnoloxías, transporte público e tributario.
Menciona o acceso preferente e axudas económicas na educación infantil dos nenos e nenas de 0-3 anos pertencentes a familias monoparentais.
Lei 5/2021, de 2 de febreiro, de impulso demográfico de Galicia
Revisa e modifica o concepto de familia monoparental que figuraba na Lei de apoio á familia e á convivencia de Galicia, para adaptalo á realidade social actual.
Recolle que as administracións públicas de Galicia desenvolverán as súas actuacións en materia de familia baixo o principio de equidade, para asegurar que todas as familias se beneficien e teñan oportunidades para mellorar ou manter a súa situación de benestar. E menciona que darase especial atención ás familias de especial consideración con nenos e nenas, como as monoparentais.
Plantexa programas de axudas para a mellora das vivendas, tendo en conta os fogares nos que vivan monoparentais.
Ordena o mandato de creación do Rexistro de Familias Monoparentais de Galicia e dun plan de apoio coa finalidade de mellorar a atención e a cobertura social das súas necesidades, promovendo en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias, o desenvolvemento de medidas específicas por parte das administracións locais.
Decreto Lexislativo 2/20125, de 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade
Recolle que a Xunta de Galicia adoptará dentro das súas competencias as medidas conducentes a favorecer, en condicións de igualdade entre mulleres e homes, a inserción social das mulleres en situación de exclusión social, especialmente cando estean a cargo de familias monoparentais.