Nota de prensa FAMS: Suspenso en conciliación á clase política.

https://fagamos.com/nota-de-prensa-fams-suspenso-en-conciliacion-a-clase-politica/

SUSPENSO EN CONCILIACIÓN PARA A CLASE POLÍTICA.

“RECLAMAMOS QUE A CORRESPONSABILIDADE PÚBLICA COS COIDADOS SEXA UN FEITO”

As familias monoparentais non teñen posibilidade de repartición de tarefas no fogar e non teñen opción a acollerse ás medidas de conciliación sen que se vexan minguados os seus ingresos, a corresponsabilidade cos coidados nas nosas familias recae no Estado, pero as súas institucións non están a actuar, ignorando desta maneira a case 2.000.000 de familias, o 24% das familias con fillos deste país.

Desde FAMS lanzamos a análise “Conciliación familiar, laboral y personal en las familias monoparentales
españolas”
que afronta a situación de discriminación en materia de conciliación que sofren as familias monomarentales.

Madrid, 23 de xuño de 2022

A situación das familias monoparentais, a maioría encabezadas por mulleres, é preocupante. Xa antes da pandemia da COVID-19, unha das súas maiores dificultades era poder conciliar a súa vida laboral e a súa vida familiar. Tras a aparición do virus a situación agravouse enormemente ante a inacción das administracións públicas responsables de garantir os dereitos da infancia e, a igualdade de trato aos diferentes modelos de familia, así como de velar porque a desigualdade de xénero non cre situacións de desvantaxe ás mulleres.

Segundo o informe “El coste de la conciliación” elaborado por Malas Madres o 22% das nais renunciou a todo ou parte do seu traballo para coidar dos seus fillos, custeando cos seus soldos as corentenas preventivas durante a clausúra das aulas (un 21% pediu excedencia ou días sen soldo, un 11% solicitou redución de xornada ao 100% sen soldo, e o 74% utilizou os seus días de vacacións para atender aos menores nas corentenas preventivas) este informe realizouse cunha base de familias biparentales, polo que estas mesmas situacións nas nosas familias ven aumentadas xa que non existe outra persoa proxenitora con quen compartir o coidado e o Estado e as súas institucións continúan ignorando a necesidade de poñer en marcha medidas específicas para a conciliación de case 2.000.000 de familias que só teñen unha persoa adulta á fronte.

No estudio de FAMS “Historias que cambian. Vulnerabilidad de las familias monomarentales frente a la COVID19”, o 58,50% das enquisadas asegura sentirse en desvantaxe á hora de conciliar o seu traballo coas súas tarefas familiares. O motivo principal que constitúe esta desvantaxe provén do coidado das fillas e fillos nun 42,25% dos casos. Ao termo do confinamento e co estado de alarma vixente, o 45,50% das persoas non tivo ningún tipo de axuda á hora de coidar das súas fillas e fillos.

Segundo a opinión das enquisadas, as axudas necesarias para facilitar a conciliación familiar e laboral das familias monoparentais serían: nun 65,75%, crear recursos públicos dirixidos especificamente ás familias monoparentais, xa que estas non poden repartir a carga familiar con outra persoa adulta; nun 54,25%, manter a prestación por filla/o a cargo para as nenas e nenos cuxas familias non quedan cubertas polo IMV e ir aumentándoa de forma gradual; e nun 51,25%, xeneralizar as medidas de flexibilidade horaria da xornada laboral.

As familias monoparentais non podemos esperar máis. Necesitamos que as administracións públicas actúen. URXE QUE AS ADMINISTRACIÓNS COMPETENTES ADOPTEN AS SEGUINTES MEDIDAS PARA AS FAMILIAS MONOPARENTAIS NO ÁMBITO DA CONCILIACIÓN:

  • Respectar os dereitos da infancia e a adolescencia, así como o interese superior do menor de permanecer baixo o coidado das súas nais.
  • As prestacións relacionadas con coidado de menores deben garantirse en familias monoparentais desde a equidade e a corresponsabilidade social (prestación de corresponsabilidade polo coidado do lactante, IMV, complemento de infancia, etc.).
  • Os permisos laborais dirixidos ao coidado de menores deben garantir ás nosas criaturas o mesmo tempo e calidade (nacemento, acollida ou adopción, lactación, enfermidade, etc.).
  • Xeneralizar as medidas como o teletraballo e a flexibilidade horaria. Ademais de promover o acceso ao emprego das familias monoparentais.
  • Os criterios de acceso a bonificacións, axudas e prestacións relacionadas con menores, coidados e conciliación deben considerar á familia monoparental como unidade familiar independente, aínda que se vexa obrigada a convivir, e corrixir os baremos económicos para polo menos igualalos aos de familias biparentales co mesmo número de fillos/as a cargo.
  • O IRPF debe atender á obrigación constitucional de considerar a capacidade económica real, e, por tanto, corrixir a penalización actual fronte ao modelo biparental e os nosos maiores gastos en conciliación.
  • Promover servizos públicos de coidado, de conciliación e de apoio domiciliario, así como axudas públicas para conciliar, con acceso prioritario e, no seu caso, prezos bonificados para as nosas familias, tanto en situación de emprego, como de procura ou reciclaxe.
  • Ofrecer información accesible e comprensible sobre os dereitos, prestacións e axudas destas familias.

As familias monoparentais necesitamos que a corresponsabilidade sexa co público. Ten que ser un feito, non pode ser que esteamos a conciliar só cos nosos propios recursos. As administracións teñen como obrigación facilitar que as persoas podamos coidar con garantías e asegurar unhas condicións de vida digna a todas as familias sexa cal fora a súa composición.

Aquí accede á nota de prensa completa.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.