Os Bolechas falan das familias

You are here: Home / Os Bolechas falan das familias

Os Bolechas falan das familias é unha iniciativa destinada aos nenos e nenas en idade escolar e ás súas familias, que pretende reforzar o concepto de diversidade familiar a partir do enfoque nas familias monoparentais, contribuíndo a normalizar a percepción destas familias coma un modelo máis dentro dos tipos de familias que existen e da importancia do valor da corresponsabilidade dentro da familia como no resto da sociedade.

De forma lúdica e didáctica, os nenos e nenas poderán aprender sobre a aceptación e importancia da diversidade familiar, comparar as familias humanas e animais, comprender as principais ocupacións e dificultades dos nais e pais e interiorizar a necesidade de colaborar nas tarefas da casa.

Esta actuación desenvólvese dentro do proxecto Facemos Corresponsabilidade 2023 no marco do Plan Corresponsables, co financiamento do Ministerio de Igualdade a través da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

Durante o mes de novembro achegarémonos a colexios de distintas localidades galegas, nos que os pais, nais, nenos e nenas poderán disfrutar de:

1. teatriño cun Bolecha monicreque 

2. audiovisual de Os Bolechas falan das familias 

3. obradoiro de xogo de preguntas e desafíos 

4. coñecer a web interactiva de Os Bolechas falan das familias 

5. agasallo de materiais didácticos a todos os nenos e nenas asistentes 

A entrada é de balde e non é imprescindible ser alumno/a do colexio onde se celebran para poder asistir. Os nenos e nenas poden ir acompañados dunha persoa adulta.

A actividade está dirixida a nenos e nenas de 3 a 9 anos e está aberta a todas as familias. No caso de que as solicitudes superen o aforo dispoñible, terán acceso preferente as familias monoparentais, familias con mulleres vítimas de violencia de xénero e outras formas de violencia contra a muller, mulleres en situación de risco de longa duración, mulleres maiores de 45 anos ou unidades familiares nas que existan outras cargas relacionadas cos coidados.

Cumprimenta o formulario de inscrición para que poidades desfrutar destas actividades.

 

Consulta os horarios no formulario de inscrición

ESPECTÁCULOS NA ESCOLA

Consulta os horarios no formulario de inscrición

Click here to change this text