Cris

Secretaria
Cris

Residente en Santiago de Compostela, a día de hoxe é a nai máis nova da Asociación, xa que é monomarental desde os 17 anos, idade á que tivo o seu peque. Divertida e con moita enerxía, Cris formouse como Traballadora Social ademais de ser Mediadora Intercultural. Actualmente non soamente segue cursando estudos como Educadora Social, senón que tamén traballa nunha casa de acollida con adolescentes.

Cristina decidiu formar parte de FAGAMOS polas dificultades que se foi atopando no seu camiño como nai monomarental e que aínda segue vivindo no seu día a día. Quere poñer remedio a toda esta problemática, e ten moi claro que: “Isto é un libro en branco ó que lle quedan moitas páxinas por escribir”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.