Inma

O arranque e empuxe deste proxecto son mérito seu, do seu empeño e bo facer.  Alegre, amable e resolutiva,  quere que a súa propia experiencia como nai monomarental sexa útil para outras familias. A idea da asociación leva na súa cabeza dende que naceron os seus nenos, pero ata que xa foron algo grandiños non atopou espazo vital para poder adicarse a nada máis que non fora crialos, sacar adiante o traballo e atender a casa.

Cóntanos que: “Pensei que perdera todo ese tempo por non poder facer máis, pero agora me dou conta de que foi un periodo de aprendizaxe increible, e que as miñas propias experiencias como nai monomarental e todas as dificultades que atopei e sigo atopando no camiño son o mellor traballo de campo para agora poder aportar verdadeiro valor á Asociación. Me sinto feliz, plena e útil. Chegou o momento.”

Agora mesmo reside en Noia (A Coruña), pero botou moitos anos en Madrid onde se licenciou en Xornalismo e traballou  en postos de responsabilidade relacionados co mundo comercial e da atención ó cliente. Retornou á terra cando comezou a barallar a idea da maternidade e  despóis duns aniños traballando coma directora comercial foi cando no 2013, tivo xemelgos non idénticos por reproducción asistida.  Buscando a conciliación, lanzouse a levar adiante o seu propio proxecto de emprendemento, mentres os nenos foron pequenos. Recentemente mudou a traballar nunha asociación que apoia ás persoas emprendedoras con discapacidade, e tamén fai colaboracións redactando contidos dixitais.