Mari

Mari é afable e divertida a rabear, e é de esas mulleres bravas galegas ás que lle gusta chamar ás cousas polo seu nome e que bota para adiante co que sexa. É de Negreira.  Foi nai por elección propia dunha cativa no ano 2008, que xa se convertiu nunha adolescente. A pesar das dificultades para conciliar que tanto lle pesaron a veces, como ela mesma di todo paga a pena porque : “O primeiro día que abracei e biquei a miña filla foi o día máis feliz da miña vida, pois foi moi buscada, esperada e moi querida.”

Compaxina o seu traballo como administrativa coa sua afección polo teatro amateur.  Forma parte de Fagamos dende os inicios. Loita por acadar ese recoñecemento que precisamos as familias monomarentais, pola súa visibilidade e sobre todo por que se produza un cambio onde ela se sinte máis desprotexida: na Administración.