María é natural de Culleredo (A Coruña), e sempre tivo moi claro que quería ser nai, por iso con 38 anos tivo a dous xemelgos por inseminación artificial. Cando falas con ela, é desas persoas que se entende con todo o mundo, grazas a o seu carácter comunicativo e conciliador. Pero posta a dar guerra, é das que tira pa diante e vai onde faga falta, ca cabeza alta e as ideas claras. Eso sí, sempre buscando sumar e con espíritu positivo onde os haxa.
A súa profesión é hixiniesta dental, pero a exerce a medio gas, porque tivo que pedir unha reducción de xornada para poder conciliar, xa que non atopou ningún apoio para poder compaxinar a crianza dos nenos co seu traballo a xornada completa. Por iso, dende que naceu a Asociación se sumou a ela, para berrar ben alto alá onde vai: EXISTIMOS!. E non hai quen a pare.