Un ano máis, FAMS (Federación de Asociacións de Nais Solteiras) organizou en Madrid o Congreso de Familias Monoparentais, sendo este o sexto que organizan. Este ano o Congreso foi chamado “O recoñecemento é de Lei”, e tivo como foco central a Lei de Familias e os obxectivos que se perseguen acadar nela.
Dende FAGAMOS tivemos a oportunidade de participar, escoitando e realizando as nosas aportacións.
O sábado 18 de novembro tivo lugar a xornada na sede de Ilerna, na cal tivemos ocasión de facer unha reflexión sobre a Lei de Familias e aportar propostas de medidas urxentes para a mesma. Tamén coñecemos diferentes iniciativas de entidades locais, públicas e privadas, para as familias monoparentais. Entre os oradores da xornada, estivo a presidenta de FAGAMOS, Inmaculada Alonso, que expuso a situación normativa na que se atopan as familias monoparentais galegas e tamén as accións que se están a desenvolver dende a asociación.
O domingo 19, na sede de FAMS, tivo lugar unha reunión de traballo das entidades da Rede Estatal de Entidades de Familias Monoparentais (REEFM), da que FAGAMOS forma parte, na que se acadaron acordos relativos ás propostas que se farán chegar para a elaboración da tan esperada Lei de Familias.
Podedes consultar o programa completo do Congreso na seguinte ligazón.
Deixa unha resposta