Xornadas Moito que facer!
As xornadas, que se desenvolverán en 24 localidades galegas, están dirixidas a todo tipo de familias, que poderán participar en distintas actividades que terán como fío conductor o Moito que facer a través da súa dobre interpretación: por unha banda os moitos “quefaceres” diarios que deben atender as persoas que coidan e por outra banda o moito que queda lle queda por facer á sociedade para que exista unha verdadeira corresponsabilidade no eido dos coidados.
NA CARPA FAGAMOS
(A partir das 10:00 nas xornadas de mañán e das 16:00 nas xornadas de tarde)
- Poderás acceder a materiais e recursos relacionados coa conciliación, a corresponsabilidade e os coidados desde a perspectiva de xénero: información sobre a lexislación actual, webinario sobre corresponsabilidade e coidados,
- Asesoramento sobre monoparentalidade: como solicitar o certificado de familia monoparental, rede de apoio, información sobre lexislación, dereitos, axudas…
NA CHARLA INFORMATIVA E NO FALADOIRO
(A partir das 12:00 nas xornadas de mañán e das 18:00 nas xornadas de tarde)
- Afondaremos nas desigualdades que existen respecto ás tarefas do fogar e da crianza, a través de datos e información que amosa o impacto que teñen na vida das mulleres.
- Conversaremos sobre diversidade familiar, sobre o papel que xoga o tipo de estrutura familiar na conciliación, en especial nas familias monomarentais
- Falaremos das consecuencias persoais, familiares e laborais que ten a imposibilidade de conciliar axeitadamente na saúde e no benestar de todos os membros da familia.
- Xogaremos cos nenos e nenas no taboleiro das tarefas, para superar o reto da corresponsabilidade no fogar.
- Todas as persoas que participen na charla informativa ou no faladoiro recibirán de agasallo un libro e un caderno de actividades de Os Bolechas (requírese inscrición).
Datas e localidades de celebración das Xornadas
Consulta na táboa de abaixo todos os lugares aos que chegará Moito que facer! e inscríbete na que prefiras. Iremos engadindo novas ubicacións e datas ata completar 24 localidades galegas.
07/08/2024 | NOIA (A Coruña) | 10:00 a 14:00 | Rúa do Curro (diante do Coliseo) |
09/08/2024 | O GROVE (Pontevedra) | 10:00 a 14:00 | Praza do Corgo |
12/08/2024 | SANTA COMBA (A Coruña) | 10:00 a 14:00 | Praza da Feira (diante da Casa da Cultura) |
DATA | LOCALIDADE | HORARIO | LUGAR |
---|---|---|---|
14/08/2024 | A ESTRADA (Pontevedra) | 10:00 a 14:00 | Praza do Mercado |
19/08/2024 | ORDES (A Coruña) | 17:00 a 21:00 | Praza Cidade de Veracruz (diante do Centro Social Isabel Zendal) |
21/08/2024 | RIANXO (A Coruña) | 10:00 a 14:00 | Rúa Subcampo (detrás do Cuartel Vello) |
22/08/2024 | TEO (A Coruña) | 10:00 a 14:00 | Praza do Mercado (Os Tilos) |
23/08/2024 | PORTO DO SON (A Coruña) | 10:00 a 14:00 | Praza de España |
31/08/2024 | RIBEIRA (A Coruña) | 10:00 a 14:00 | Avda. do Malecón (diante de Abanca) |
03/09/2024 | CULLEREDO (A Coruña) | 10:00 a 14:00 | Praza Europa (O Burgo) |
04/09/2024 | CAMBADOS (Pontevedra) | 10:00 a 14:00 | Praza do Concello |
05/09/2024 | ORTIGUEIRA (A Coruña) | 10:00 a 14:00 | Alameda (lateral do Centro Social) |
06/09/2024 | CELANOVA (Ourense) | 16:00 a 20:00 | Praza Maior (diante do Concello) |
07/09/2024 | XINZO DE LIMIA (Ourense) | 16:00 a 20:00 | Expo Familias. Pavillón de deportes |
11/09/2024 | SARRIA (Lugo) | 16:00 a 20:00 | Praza da Vila |
16/09/2024 | CALDAS DE REIS (Pontevedra) | 09:30 a 13:30 | Praza Doctor Sesto Casal (detrás da Praza de Abastos) |
17/09/2024 | CHANTADA (Lugo) | 16:00 a 20:00 | Casa da Cultura (Praza do Mercado) |
19/09/2024 | LALÍN (Pontevedra) | 16:00 a 20:00 | Biblioteca Municipal Varela Xácome (Praza do Concello, nº1) |
20/09/2024 | ARZÚA (A Coruña) | 16:00 a 20:00 | Praza de Galicia (se chove recinto feiral Terra do Queixo) |
21/09/2024 | SADA (A Coruña) | 16:00 a 20:00 | Paseo Marítimo, xunto ao parque infantil (se chove na Capela de San Roque) |
23/09/2024 | LUGO | 10:00 a 14:00 | Centro social Uxío Novoneyra (Rúa Quiroga Ballesteros s/n) |
24/09/2024 | VILAGARCÍA DE AROUSA (Pontevedra) | 10:00 a 14:00 | Praza de Galicia (se chove na Praza da Peixería) |
27/09/2024 | BRIÓN (A Coruña) | 16:30 a 20:30 | Praza do Concello (se chove no Centro Social) |
28/09/2024 | OURENSE | 16:00 a 20:00 | Praza da Imprenta (se chove no Centro Cívico Social Colón) |
Actividade financiada pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade.