- Este evento pasou.
Cultura Urbana On Tour! – Noia
29/10/2023-17:00 a 19:00
De balde“Cultura urbana On Tour” trátase dunhas xornadas itinerantes por 10 localidades galegas, empregando a cultura urbana como ferramenta para traballar diferentes temáticas de interese social (a diversidade familiar, a igualdade, a corresponsabilidade, a vulnerabilidade…) a través de obradoiros, facendo actividades colaborativas de parkour, cap paint, rap e graffiti.
Estas actividades van dirixidas a nenos e nenas de 8 a 16 anos.
O parkour é unha disciplina que consiste en desprazarse dun punto a outro da maneira máis fluida posible, usando as habilidades do corpo humano. Para isto, é necesario sortear os diferentes obstáculos que se presentan no percorrido, e nesta disciplina utilízanse os elementos arquitectónicos das cidades para levar a cabo esta práctica.
O cap paint trátase de deseñar unha gorra pintando nela, por exemplo, o noso nome, empregando letras estilo graffiti pero sempre respetando o estilo propio de cada participante na actividade. Isto fomenta a creatividade e a capacidade de transformar os pensamentos en algo tanxible e visual.
Na actividade de rap, aprenderase a escribir e interpretar versos, e tamén se coñecerán as figuras literarias propias da nosa terra. Outra maneira xenial de fomentar a expresividade e a creatividade.
Por último, en canto ao graffiti, é dende a súa orixe un xeito de plasmar ideas, inquietudes e preocupacións da sociedade a través da pintura mural.
Os obradoiros desenvolveranse alternando as 4 actividades descritas, de xeito que tódolos rapaces e rapazas participen en todas elas.
Estes obradoiros serán impartidos por:
ABERTO PRAZO DE INSCRIPCIÓN!!
“Cultura urbana On Tour” é unha actividade desenvolta na actuación “Currunchiños de Conciliación” do proxecto “Facemos Corresponsabilidade 2023” no marco do Plan Corresponsables, coa financiación do Ministerio de Igualdade e a través da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.
Deixa unha resposta