Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Fedellando coas STEAM – OURENSE

30/09/2023-08:00 a 28/10/2023-13:00

De balde
FAGAMOS organiza en Ourense Obradoiros gratuitos de temática científico-tecnolóxica, para nenas e nenos de entre 6 e 16 anos, sobre temática S.T.E.A.M. (ciencias, tecnoloxía, enxenaría, arte e matemáticas).
Dirixidos prioritariamente ás familias monoparentais, e familias encabezadas por vítimas de violencia de xénero e o outras formas de violencia contra a muller, mulleres en situación de risco de desemprego de longa duración, mulleres maiores de 45 anos, ou unidades familiares nas que existan outras cargas relacionads cos coidados. AS FAMILIAS MONOPARENTAIS ASOCIADAS A FAGAMOS TEMOS ACCESO PREFERENTE.

Traballaranse disciplinas como a robótica educativa, a programación, o deseño en 2D e 3D, a impresión 3D, a electrónica, a realidade virtual, drones, etc.
Estes talleres despertarán e fomentarán a creatividade dos rapaces e rapazas de forma lúdica, e contribúen a reducir a fenda dixital, a desenvolver o pensamento crítico, á resolución de problemas de forma creativa, e a promover a autonomía no desenvolvemento de proxectos e ideas.
Nas actividades empregaranse contidos encamiñados a fomentar nas nenas, nenos e adolescentes a sensibilización en materia de igualdade, corresponsabilidade e diversidade familiar.
PRAZO DE SOLICITUDE ABERTO ÚLTIMAS PRAZAS!
Preme no botón para coñecer as datas e horas dos obradoiros, condicións de acceso e solicitar praza.

“Fedellando nas Steam” é unha actividade desenvolta na actuación “Currunchiños de Conciliación” do proxecto “Facemos Corresponsabilidade 2023” no marco do Plan Corresponsables, coa financiación do Ministerio de Igualdade e a través da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.

Detalles

Comezo:
30/09/2023-08:00
Remate:
28/10/2023-13:00
Custe:
De balde
Páxina web:
fagamos.com

Organizador

Asociación de Familias Monomarentais de Galicia – FAGAMOS
Phone
633817849
Correo
info@fagamos.com
Ver a páxina web do Organizador

Recinto

Trasteando con las STEAM – OURENSE
Rúa Telouro, nº2
Ourense, Ourense Spain
+ Google Map
Phone
988 982 434

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.