Estela

Estela é unha impulsora da asociación dende os seus inicios. Vive en Boiro (A Coruña) e foi nai monomarental por elección propia dun neno no ano 2018. Pero o de coidar cativ@s venlle xa de vocación.  Estudou Educación Infantil, Maxisterio e además e licenciada en Pedagoxía e actualmente traballa nunha Escola da Galiña Azul.

Non fai falta dicir dela que é unha persoa con moita enerxía, tanta que aínda lle quedan folgos para loitar por levar a cabo o cambio necesario para acadar a equidade en dereitos con outros tipos de familia, porque como ela mesma di: “Vivimos limitadas polas conciliacións e moi escasas axudas económicas”. Como fan os ventos bonancibles, aporta á asociación esa frescura e esa calma que sempre encaixan e suman.